Arrancan as festas en Duarría cunha churrascada o venres

LugoXa | TerraChaXa
A verbena da noite do domingo estará protagonizada por Zona Cero, encargados de pechar por todo o alto esta fin de semana
festas-duarria
27 Jul 2025

A localidade de Duarría, situada no concello de Castro de Rei, acollerá os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025 as tradicionais festas na honra a Santiago Apóstolo, cun completo programa de actividades relixiosas e musicais pensado para o desfrute de veciños e visitantes.

O venres 1 de agosto, a festa comezará a partir das 22:00 horas cunha gran churrascada popular. Despois, a verbena estará amenizada polo grupo Fuxsion Latina, que porá a nota musical á primeira noite festiva.

O sábado 2 de agosto celebrarase a misa solemne ás 13:30 horas, seguida da tradicional procesión e dunha animada sesión vermú a cargo do grupo JB Son. Xa pola noite, a verbena continuará con JB Son e coa actuación da recoñecida orquestra Olympus, que fará vibrar ao público con música para todos os gustos.

O domingo 3 de agosto repetirase o esquema da xornada anterior, con misa solemne ás 13:30 horas, procesión e sesión vermú a cargo do grupo Zona Cero. A verbena da noite tamén estará protagonizada por Zona Cero, encargados de pechar por todo o alto esta fin de semana de celebración.

⚙ Configurar cookies
0.16515493392944