Arrancan este xoves as Festas do Quince de Meira

TerraChaXa
A celebración terán lugar ata o 17 na honra a Nosa Señora
festas-do-quince-en-meira
Cartel
14 Aug 2024

A Comisión de Festas de Meira fixo público o programa deste ano, que terá lugar do 15 ao 17 de agosto.

As festas na honra da Nosa Señora terán o seu incio o xoves 15 cun pasarrúas con charanga e, a continuación, misa solemne con Coral Airiños do Miño como acompañamento e procesión a cargo da Banda de Música de Meira. Na sesión vermú de despois, actuarán o grupo Xoldra.

O día de San Roque comezará ao día seguinte, 16 de agosto, cunha nova sesión de pasacalles e procesión ás 12.30 horas á capela de San Roque acompañada polo grupo de Gaitas de Meira. Finalizará esta cunha misa maior ás 13.00 horas, á que seguirá a tradicional sesión vermú co trío Café Olé, que tamén se encargará da verbena, xunto a Disco Móbil Euphoria.

Pola tarde, ás 19.30 horas haberá un espectáculo da man de Tanito Clown e Máxico Brais.

A programación rematará o xoves 17 coa xira campestre no Porto da Pena na que estará La Hora Bruja en sesión vermú e haberá festa da escuma.

cartel-festas-do-quince-meira
0.16955590248108