Arrancan na Pastoriza as obras de mellora de estradas dentro do Plan Marco

Comezaron na Pastoriza as obras incluídas no Plan Marco da Xunta de Galicia, cun investimento de preto de 83.000 euros que se destinarán a traballos nas parroquias de Úbeda, Reigosa, Bretoña e Samartiño de Corbelle.
Paralelamente, o persoal municipal continúa coa instalación de bases para os contedores de lixo, co obxectivo de mellorar a operatividade do servizo de recollida. Nos vindeiros días colocaranse 30 novos contedores amarelos que permitirán avanzar no proceso de reciclaxe. Estas intervencións céntranse nos puntos onde o persoal atopaba máis dificultade á hora de manexar os colectores.
Tamén prosiguen as tarefas de mantemento da extensa rede viaria municipal, con labores de arranxo de pistas de zahorra en lugares como Álvare, San Cosme de Piñeiro, Gueimonde, Aguarda, Fitoiro, Bretoña, Úbeda, Xemil e Lagoa. Ademais, lévanse a cabo reparacións no almacén e na cantina do campo de fútbol municipal O Acebreiro.
Outras actuacións recentes inclúen a limpeza de cunetas en San Cosme de Piñeiro, o arranxo do camiño da Rigueira e a colocación de espellos en cruces de especial perigosidade en Vián, Crecente e Bretoña. Así mesmo, realizáronse traballos de hormigonado no alpendre.