Arranxada a vía de Xermade que vai cara as praias da Mariña, con 80.000 euros da Deputación

TerraChaXa
O Goberno da Deputación mellorou con 80.
.jpg
23 Aug 2018

O Goberno da Deputación mellorou con 80.000 euros unha estrada na parroquia de Lousada, en Xermade, que vai cara as praias da Mariña. Trátase tamén dunha vía que une a parte alta do Concello co municipio veciño de Muras, e que empregan a cotío os veciños da zona por tratarse dun atallo para ir ás praias da Mariña, concretamente ás de Viveiro, que son as que están máis preto do municipio xermadés.

Fernández Queipo destacou que “son traballos que executamos nun treito de 1 quilómetro que beneficia aos veciños do Concello de Xermade, Muras e tamén Vilalba. Son pequenas obras que teñen un grande impacto no día a día dos lucenses”. Neste  senso, o Vicepresidente lembrou que o Executivo provincial investiu 40.000 euros na reparación de firme nas parroquias de Cabreiros, Fraixo e Xermade, todas elas de aproximadamente 1 quilómetro. Eran vías secundarias que tiñan fochancas e que dificultaba o acceso dunha vintena de veciños ás súas casas.

García Pernas agradeceu a “constante colaboración” do Goberno da Deputación co Concello de Xermade” e lembrou que “seguimos á espera de que a Xunta de Galicia arranxe a estrada autonómica LU-170, que é unha antiga reivindicación dos veciños de Xermade, que o Goberno de Feijóo prometeu en moitas ocasións pero nunca executou”.

0.1936719417572