Arranxado o firme da ponte de Uriz, en Begonte
TerraChaXa
A Deputación de Lugo reabriu á circulación a ponte de Uriz, en Begonte, ao concluír en só tres días as obras de arranxo do firme tras producirse un afundimento nunha parte da vía.
23 Ago 2019
A Deputación de Lugo reabriu á circulación a ponte de Uriz, en Begonte, ao concluír en só tres días as obras de arranxo do firme tras producirse un afundimento nunha parte da vía.
Os traballos, que arrancaron o luns e xa remataron, consistiron no baleirado e rexeneración con formigón da parte da calzada afundida e a posterior reconstrución do firme con aglomerado.
Os arranxos foron no punto quilométrico 1,100 da estrada LU-P-5101, no límite co Concello de Rábade.