Arredor de 70 persoas desfrutaron en Parga das actividades fluviais gratuítas da Deputación

TerraChaXa
Arredor de 70 persoas participaban este sábado na área recreativa de Parga, no concello de Guitiriz, da programación de actividades fluviais gratuítas da Deputación, que ofrece a todos os públicos e leva a todas as zonas da provincia, no marco do Plan Estratéxico de Turismo.
fluviais parga
26 Ago 2017

A programación inclúe atraccións inchables, tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs... animacións musicais ou xogos populares. Cada sesión, que ten unha duración de entre tres e catro horas, conta coa supervisión de, canto menos, un coordinador e entre seis e doce monitores, que se encargan do coidado e atención dos participantes para garantir unha actividade divertida e segura. As persoas que non saiban nadar terán que ir acompañadas.

Máis de 1.200 persoas participaron nas 9 primeiras actividades celebradas nos Concellos de Ribeira de Piquín, Navia de Suarna, Vilalba, Negueira de Muñiz, Ribas de Sil, Chantada, Monforte,  Sarria, Guitiriz e A Pontenova.

Próximas citas

  • Trabada – 27 de agosto - Ría de Abres (16:00 a 19:00 horas).
  • Portomarín – 1 de setembro – Náutico (16:00 a 19:00 horas).
  • Lugo – 2 de setembro – Club Fluvial (16:00 a 20:00).
0.18873906135559