Arrinca a XL edición do festival de Pardiñas con Cántalle aos 40
TerraChaXa
A Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz xunto coa hostalería guitiricense organiza de novo a XL edición do festival de Pardiñas que ete ano será o 2, 3 e 4 de agosto, e arrinca o 4 de maio con Cántalle aos 40.
20 Abr 2019

Será unha xornada de música tradicional que empezará ás 19:00 horas coa recepción de todos os grupos, para que media hora máis tarde comecen os Cantos de Taberna polos bares da vila guitiricense como Pub Titanic, O'Korreo, Café Centro, Casa Gaibor, Casa Nistal, Pub Flamingo, Pub Zeus, Pub Soa e Pub Xoldra.
Xa ás 23:00 será a quenda da cea popular no Campo da feira, e a media noite dará comezo unha foliada popular.