Arrinca en Momán o Nadal cunha chocolatada e o Belén reivindicativo

TerraChaXa
As Asociación de mulleres rurais Saudade de Momán, en colaboración co concello, celebrará o inicio do Nadal o día 15 co acendido das luces e a visita de Papá Noel.
nadal moman_portad
13 Dec 2018

As Asociación de mulleres rurais Saudade de Momán, en colaboración co concello, celebrará o inicio do Nadal o día 15 co acendido das luces e a visita de Papá Noel. Nesta xornada festiva haberá chocolate con churros e unha exposición de postais con todas aqueles que realicen os nenos. Así, antes do día 12 estes deberán solicitar a súa cartulina para facer a súa postal, pola que recibirán un agasallo.

As visita de Papá Noel, non só será no propio local locial, senón que tamén fará un percorrido por outros lugares de Xermade.

Completará o programa o sorteo dunha noite para unha parella no Spa Attica de Vilalba.

Ademais, a asociación manterá aberta a capela de San Antón onde se atopa o Belén considerado "o máis reivindicativo de Galicia". Este Belén foi realizado para traer a colación os principais programas de desigualdades e corrupción. Así, Donald Tramp volverá ocupar a súa postura como Herodes e unha verxa co lema Inmmigración impide o paso ao rei Baltasar e a outros viaxeiros negros.

Destacan tamén que Xosé e María seguen desahuciados e faise visible a diferenza de clases entre ricos (o castelo) e pobres (os pastores). Os primeiros teñen luz e as súas estradas son de mármol, mentres os outros non teñen luz e as estradas están sen cuidar.

Hai dous espazos críticos, conta a violencia de xénro e os abusos pederastas de relixiosos.

Os interesados en asistir á sesión dpo 15 deben anotarse no 672 776 839 e no 639 743 604.

moman
0.17714285850525