Arrinca en Vilalba a Festa do Queixo San Simón

TerraChaXa
O Concello de Vilalba acollerá, un ano máis, a primeira fin de semana de abril unha nova edición da Feira do Queixo da San Simón da Costa, que leva aparellado un concurso de tapas cunha gran relevancia e onde o prato estrela é este lácteo de fama internacional.
Captura de pantalla 2019 04 05 a las 11.36.54
5 Abr 2019

O Concello de Vilalba acollerá, un ano máis, a primeira fin de semana de abril unha nova edición da Feira do Queixo da San Simón da Costa, que leva aparellado un concurso de tapas cunha gran relevancia e onde o prato estrela é este lácteo de fama internacional.

Como en anos anteriores haberá dous días de feira, o 7 e o 8 de abril, e desenvolverase na praza da Constitución, onde se colocarán os stands de artesáns e produtos gastronómicos que todos os anos completan o panorama festivo.

O pregón deste ano estará a cargo do actor Luis Zahera, goya ao mellor actor de reparto 2019, que dará o pistoletazo de saída oficial ás 18.00 horas do sábado. Será tamén o momento no que se fará entrega dos premios do Concurso de tapas, que terá a súa final na mañá do día 6. Tamén se fará entrega aos gañadores do concruso de carteis.

Previamente, ás 13.00 horas, terá lugar a actuación de La Musgaña, na Alameda. Pola, tarde, ás 16.30 representarase a comida Saaabor! na praza da constitución, antes da entrega de premios da competición ciclista, que será ás 17.30 horas.

A progamación completarase o mesmo sábado coa actuación da Orquesta Mondragón no auditorio Carmen Estévez. As entradas para este concerto xa están á venda na Casa da Cultura e a través da web ataquilla.com.

O domingo estará dedicado con máis amplitude á cociña con dous showcooking, a primeira, ás 12.00 horas a cargo de Jacobo Santiero, do Mercado Streetfood de Lugo; e o segundo, de Marcos Morán, do restaurante Casa Gerardo, que conta cunha estrela Michelín.

Durante toda a mañá Airiños da Freba e Festicultores percorrerán as rúas de Vilalba animando a xornada coa súa música.

Coincidindo coa celebración do vixésimoquinto aniversario da feira, a Once editará o sábado 6 un cupón conmemorativo, tal e como explicou a concelleira de cultura, Cheri Grandío. A concelleira contou co apoio do xerente do Consello Regulador, Anxo Ramil, para tramitar a solicitude e animou a comprar o cupón, que se venderá a dous euros e ofrece a posiblidade de gañar o Sueldazo da Once.

CONCURSO DE TAPAS.

Previamente á celebración da feira, Vilalba acolleu a celebración da fase previa do Concurso de tapas no que este ano participaron un total de 39 locais da capital chairega, un máis que o ano pasado, que ofreceron as súas creacións culinarias durante a segunda quincena de marzo. Cinco dos locais presentáronse na categoría de tapa creativa e o resto na de tapa tradicional.

As tres tapas máis votadas en cada unha das categorías pasarán o sábado á gran final. Serán cociñadas en directo e un xurado experto elixirá as gañadoras.

Captura de pantalla 2019 04 05 a las 11.36.54
0.16419100761414