Arrinca hoxe en Muimenta a campaña Días Azuis do comercio
A Asociación de Empresarios de Muimenta, súmase, entre hoxe e o 30 de novembro, á campaña Días Azuis do Comercio Galego, campaña que ten como obxectivo impulsar as vendas do comercio de proximidade e poñer en valor o importante papel económico e social do sector no actual contexto económico.
A que é xa a cuarta edición dos Días Azuis do Comercio Galego conta colaboración dos establecementos de máis de 100 asociacións e centros comerciais abertos de toda Galicia.
Durante as datas de duración da campaña, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago de 300 e de 150 euros. Para participar hai que rexistrar a compra na páxina da campaña u solicitar ao comerciante que faga o rexistro.