Arrinca no CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga o proxecto 'MUS-E' da Fundación Yehudi Menuhin

TerraChaXa
A artista María Martul acompaña ao alumnado nun programa que usa a arte para fomentar creatividade, autoestima, empatía e convivencia
GUITIRIZ cole parga
4 Nov 2025

O CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga vén de poñer en marcha este curso o proxecto 'MUS-E', unha iniciativa da Fundación Yehudi Menuhin España que conecta centros educativos de ata doce países para traballar valores e competencias a través das artes (plásticas, audiovisuais, danza, teatro) en coordinación co profesorado titor.

Nesta primeira fase de aclimatación, o alumnado xa experimentou con témperas e exercicios de interpretación das formas e cores, abrindo espazo a novas miradas sobre a aula e sobre a convivencia diaria. O traballo realízase con presenza dunha artista nas sesións e en diálogo co equipo docente do centro, como propón a metodoloxía do programa.

No caso de Parga, a guía artística é María Martul, profesional da fotografía, do audiovisual e das artes plásticas, con experiencia en aulas 'MUS-E' en Galicia. O enfoque prioriza que o aprendido sexa significativo e transferible á vida cotiá do alumnado.

O obxectivo é diversificar a aprendizaxe, explorar formatos e contextos diferentes e darlle máis peso á arte nos procesos de desenvolvemento persoal, integración e diálogo do centro. 'MUS-E' naceu en 1994 e hoxe está presente en centos de escolas europeas (11 países europeos máis Israel), con milleiros de artistas implicados desde a súa creación.

⚙ Configurar cookies
0.070741891860962