Arrinca o Campus do Rácing Vilalbés

TerraChaXa
O campo municipal da Madalena acolle desde este luns o campus do Rácing Vilalbés, que este ano conta co futbolista Roberto Trashorras como padriño.
campus
25 Xuño 2018

O campo municipal da Madalena acolle desde este luns o campus do Rácing Vilalbés, que este ano conta co futbolista Roberto Trashorras como padriño. Un total de 40 nenos de entre 4 e 14 anos participan nesta edición, na que a práctica deportiva é o eixe principal con sesións de aprendizaxe dirixidas por monitores. Dende as 9.30 ata as 20.00 horas, os nenos viven todas as experiencias do fútbol con comida incluída.

Ademais de Roberto Trashorras, o campus contará coa presencia doutros xogadores de relevancia, como Uxío Dapena, do Dépor; Héber Pena, do Rácing de Santander, ou Roberto Lago, del Apoel de Nicosia.

O bullying e a arbitraxe son algúns dos temas a tratar nesta semana deportiva na que haberá tamén xogos e a práctica doutros deportes, ademais dunha saída ao Aquapark de Cerceda.

 

0.19101810455322