Arrincan as actividades do Correlingua 2018
A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e o Concelleiro lucense, Daniel Piñeiro, participaron este mércores nas actividades do Correlingua 2018, que se celebraron na Praza de Santa María, nas que participaron preto de 1.000 escolares da comarca. A presente edición arrancou baixo o lema A lingua non para.
O Correlingua é un evento de promoción do uso do galego dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato menor de 20 anos, que se celebra nos centros educativos de toda Galicia, co que colabora o Goberno da Deputación. En total na provincia de Lugo, mobilizarase no mes de maio a preto de 3.000 estudantes, dun total de 56 centros educativos, no que se inclúen tamén 2 de Ourense. As actividades do Correlingua continúan pola provincia, concretamente mañá, na Praza da Catedral de Mondoñedo e o día 14 de maio no Parque dos Condes de Monforte de Lemos.