Arrincou a segunda edición da campaña das Panchas de Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Arrincou a segunda edición da campaña das Panchas, a moeda local ribadense.
10 Out 2020

Arrincou a segunda edición da campaña das Panchas, a moeda local ribadense. En Abanca xa poden cambiarse 30 euros por 40 panchas para gastar no comercio e na hostalería locais ata o vindeiro 1 de decembro. Na primeira hora xa se achegaron 50 persoas á oficina de ABanca a mercar as panchas.

O rexedor ribadense declarou que “está tendo un enorme interese por parte da cidadanía porque estamos a primeira hora adquirindo os primeiros lotes de panchas e antes ca nós xa veu moita máis xente, o que demostra que esta iniciativa que levamos adiante desde o Concello de Ribadeo se vai notar o seu impacto na economía local, fundamentalmente no comercio e na hostalería”.

Son máis de cen os establecementos que participan nesta nova edición, e o Concello de Ribadeo ivestiu uns 37.000 euros o que xerará un movemento mínimo económico de 150.000 euros.

0.15456795692444