Arriva limpa e desinfecta a estación de autobuses de Vilalba

TerraChaXa
A empresa concesionaria da estación de autobuses de Vilalba, Arriva, finalmente acometeu as tarefas de limpeza e desinfección esixidas pola Xunta de Galicia tralas continuas demandas tamén por parte da veciñanza e dos diferentes partidos políticos entre os que se atopa tamén o goberno municipal.
3 Ago 2020

Os traballos realizáronse tanto nos espazos interiores de uso común como no exterior das instalacións, con especial intensidade na zona de acceso principal, vestíbulo de espera e nas distintas dársenas, ademais dos aseos, segundo informaron dende o Goberno autonómico. A limpeza incluiu a reitarada de cascotes e outros elementos almacenados que xa non tiñan utilidade e se desinfectou con técnicas e produtos específicos aconsellados para espazos públicos para a prevención de posibles contagios por coronavirus.

A administración autonómica requiriu á firma concesionaria que intensifique ou coidado e mantemento das instalacións que, aínda que teñen poucos viaxeiros seguen abertas ao público.

Agora mesmo hai un proxecto da Xunta de Galicia que está en debate co Concello para cambiar esta instalación de dúas marquesiñas no exterior para todos os usuarios. Este proxecto está en suspenso mentres non chegan ambas as dúas entidades a un acordo. Mentres a Xunta asegura que o Concello aínda non cedeu as instalacións, este di que o proxecto non lle convence.

0.11868405342102