Artemio Carballés lidera a candidatura popular en Pol
A candidatura do Partido Popular de Pol que encabeza o empresario Artemio Carballés reúne a “un equipo de nove persoas dispostas a traballar dende a humildade e a cercanía por e para Pol” co obxectivo de dotar de servizos ao noso concello e “atender as necesidades dos nosos veciños e veciñas”.
A lista popular de cara ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio conta con nove persoas de distintos lugares do municipio coma Mosteiro, Luaces, Cirio, Valonga ou Rioxoán dos que sete son novas incorporacións con respecto ás eleccións do 2015 –o78%-, aínda que dous deles formaron parte das anteriores corporacións municipais.
“Somos persoas vinculadas a distintas actividades –empresarios, funcionarios, gandeiros, empregados de distintos sectores ou xubilados- que presentamos un programa baseado na atención aos veciños e veciñas”. De feito, recolle como puntos principais “a mellora dos seus servizos de traída de auga e a rebaixa da taxa do lixo, a colaboración coa actividade gandeira e forestal contribuíndo á concentración de fincas e á mellora de accesos a explotacións e zonas forestais de retirada de madeira; ademais da atención aos maiores”. Neste caso, comprométense coa apertura da residencia e centro de día “con todas as garantías”.
Igualmente, a candidatura do PP en Pol cre necesario mellorar a rede viaria municipal e avanza, por outra banda, a súa vontade de “colaborar coas actividades que desenvolven as distintas asociacións do noso municipio establecendo, incluso, liñas de axudas tamén para particulares con interese en xuntar fincas”. Ademais, os populares cren que “a recuperación da feira de San Isidro que se viña celebrando en Mosteiro” sería positivo para o municipio; polo que “é necesario impulsar de novo a súa organización ou axudar ás asociacións encargadas dese labor”, explica Carballés.
Pol benefíciase de máis de 4 millóns de euros do Goberno galego
O Goberno autonómico que preside Alberto Núñez Feijóo dirixiu no pasado ano 2018 máis de 4 millóns de euros para beneficio dos veciños e veciñas de Pol.
A principal achega recíbena os agricultores e gandeiros que se ven beneficiados de axudas directas que superan os 2,8 millóns de euros. No mesmo sentido, para favorecer a actividade agraria no municipio, a Xunta achegou na pasada anualidade máis de 300.000 euros para a mellora de camiños.
Entre outras achegas, o Goberno do PP na Xunta dirixe unha partida de máis de 150.000 euros para o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e o Concello tamén recibe máis de 170.000 euros con cargo ao Fondo de Cooperación Local.
Candidatura
1. Artemio Gustavo Carballés Fernández
2. Enrique Rodríguez Rodríguez
3. José Antonio Díaz Carballés
4. María de los Remedios Castedo Carballo
5. Camilo Rancaño Carballedo
6. Esteban Rafael Basanta Teijeiro
7. María Méndez Luna
8. José Manuel Cedrón Castrillón
9. Pablo Fernández-Ferreyra