As altas volven conter a expansión do virus na provincia

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A provincia de Lugo volveu rexistrar nos datos deste domingo unha melloría de casos activos causada por un elevado número de altas.
mapa maximas restricions covid 19
31 Xan 2021

A provincia de Lugo volveu rexistrar nos datos deste domingo unha melloría de casos activos importante causada por un elevado número de altas, xa que los contaxios novos se manteñen aínda moi altos.

De feito, este domingo os casos activos sitúanse en 2.129, que son 8 máis que onte. Esta cifra contrasta coa rexistrada na xornada anterior, que foron 112 casos máis, e ten máis correlación co venres, cando foron 31 os casos novos, nesta ocasión tamén grazas a un elevado número de altas.

Rexistráronse nas últimas 24 horas 116 casos novos (onte foron 169) polo que aínda no nse pode falar de ningún tipo de contención. Pola contra, as altas chegaron ás 7.933, 115 máis que o venres, o día anterior foron 66 polo que son practicamente hoxe o dobre.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 10.240 casos rexistrados e 171 persoas falecidas contabilizadas na provincia aínda que hai máis que morreron noutras áreas tras seren trasladados. A última falecida foi unha usuaria da residencia de Ribadeo.

A presión hospitalaria mellora tanto na UCI como en planta. En Coidados Intensivos hai dúas persoas menos, 19, unha delas na Mariña. Hospitalizados en planta hai 54 persoas (dúas menos) 32 no hospital de Lugo, 9 na Mariña (1 menos) e 13 en Monforte. Tamén quedou libre de coronavirus o Polusa, que tiña dous enfermos.

POR COMARCAS

Terra Chá

Boas novas dentro da mala situación xeral para a comarca, xa que Vilalba amosa hoxe cifras que empezan a falar de ralentización do crecemento mentres o resto de concellos afectados tamén contén o incremento e incluso Begonte mellora moito. Nas Pontes tamén, por primeira vez dende que chegou a terceira vaga non suma casos novos.

  • Vilalba segue á alza ata os 169 casos, 4 casos máis que onte, contendo o crecemento.
  • A Pastoriza, que onte tiña menos de dez, volve a poñerse por diante, con 11 casos.
  • Outeiro de Rei baixa 1 e ponse en 15.
  • Begonte mellora moito, xa que sitúase en 15, 7 menos que onte.
  • Rábade segue na zona de atención con 10 contaxiados novos.
  • Castro de Rei mantén os 10.
  • Friol volve sumar 1 caso e sitúase en 15.
  • No veciño Concello das Pontes para o crecemento por primeira vez en días en 61 os casos.

A Mariña

Mentres Viveiro e Xove seguen relaxando as súas cifras, Burela experimenta un inesperado incremento de casos ao igual que Ribadeo.

  • Viveiro continúa o seu descenso paulatino de casos e certifica 146, 11 menos.
  • Xove mantense no camiño da rebaixa de casos con 36, 3 menos.
  • Burela, despois do salto de onte, baixa de novo 3 casos e queda en 44.
  • No Vicedo retrocede a incidencia en dous casos máis ata os 31 de hoxe.
  • Cervo mantén 17 casos.
  • Ribadeo experimenta un novo ascenso de casos, con 2 máis e un total de 27.
  • Foz mantén os 12 infectados de onte, ao igual que Riotorto.
  • Só Alfoz non ten casos novos nos últimos quince días.

Centro da provincia

No municipio de Lugo segue medrando a pandemia, aínda que nesta xornada controlado e rebaixado polas altas. Preocupante segue a ser a situación de Palas, que non se controla e onde deron positivo o alcalde e outros membros da Corporación e que repercitiu en Monterroso, que segue á alza.

  • Lugo conta con 421 casos, 13 casos máis que onte, o día anterior sumou 6.
  • Palas de Rei aporta hoxe cifras negativas aínda que anecdóticas, xa que baixa 2 e queda en 74.
  • En Monterroso sobe 3 máis e a incidencia é de 18.
  • No Corgo manteñen 12.
  • Castroverde e Baralla rebaixan de novo a incidencia por debaixo de 10.
  • A zona da Montaña rexistra varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

A vila de Sarria segue en situación moi preocupante cun crecemento desproporcionado causado por novos positivos no centro de maiores. No resto da comarca, contención.

  • Sarria, despois da bruca subida de onte, suma só un caso e queda en 196.
  • Láncara, co gromo máis controlado, mantén 21.
  • Paradela tamén mantén 16 casos.
  • Triacastela e O Páramo non teñen contaxios novos nos últimos quince días.

Ribeira Sacra

Monforte e Quiroga seguen centralizando a incidencia na provincia.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 230 casos, 8 máis que onte.
  • Quiroga segue crecemento pero de forma máis lenta con 121, 4 máis que onte.
  • Chantada ten 51, 2 menos que onte e Taboada mantense en 10.
  • O Saviñao é outro dos afectados con 33 casos, 2 máis.
  • Pantón baixa 1 ata 24.
  • Ribas de Sil sobe tamén, cun caso novo e 16 en total.
  • Sober mantense en 12.
0.22809791564941