As Anpas do Courel, Navia, Baralla e Baamonde unen as súas forzas a prol dos servizos no rural

TerraChaXa | LugoXa | RibeiraSacraXa
Familiares dos escolares de Baralla, Navia, O Courel e Baamonde crean a plataforma Anpas do Rural para reivindicar o mantemento dos servizos
protesta anpa baralla
6 Feb 2021

As asociacións de nais e pais de alumnos dos colexios do Courel, Navia, Baralla e Baamonde, veñen de unirse nunha plataforma conxunta , Anpas do Rural, para facer unha fronte común nas súas reivindicacións a prol da defensa do servizos educativos no rural.

Desde a nova plataforma explican que nacen coa intención de "dar visibilidade ó noso problema común, que non é outro que o continuo goteo de peche de servizos na nosa terra, que empeza a poñer en perigo a pervivencia da poboación na mesma".

O centro das súas queixas radica na modificación do servizo do transporte escolar que, din, "alonga as rutas escolares ata unha hora, isto dúas veces ao día fai que os nenos e nenas pasen dúas horas no autobús para algo tan básico como a súa escolarización". O tempo de lecer dos escolares, engaden, "non o pode xestionar a Xunta nin a empresa de transporte".

Opóñense de igual xeito ao peche de colexios, como se baralla en Baamonde para abrir un conservatorio de música. "Nada pode xustificar o peche dun colexio na zona rural, posto que ningunha outra actividade é tan importante coma esta", din.

"Mentras que os nosos políticos firman coa man dereita a lei de impulso demográfico, coa esquerda seguen pechando máis e máis colexios coma o de Baamonde, e os que manteñen abertos precarízanos tanto que se volven inviables de feito, coma no caso do Courel, Navia e Baralla", denuncian.

0.19151091575623