As anpas galegas presentan en Rábade o seu plan educativo para o rural

TerraChaXa | LugoXa
A localidade de Rábade acolle este sábado unha xornada sobre o plan educativo para o rural organizada pola Confederación de Anpas Galegas.
plan rural anpas rabade portada
17 Mar 2023

A localidade de Rábade acolle este sábado unha xornada sobre o plan educativo para o rural organizada pola Confederación de Anpas Galegas.

A sesión terá lugar na Casa das Insuas, partir das 10.30 horas, para presentar un plan específico para o rural. A última hora da mañá está prevista a charla: A custodia do territorio como ferramenta de xestión para as insuas do Miño e os Pozos do Ollo, impartida por Martiño Cabana. POla tarde realizarán a ruta das Insuas e pecharán o día coa actuación musical do alumnado das Escolas de Música Mancomunadas dos concellos de Rábade, Friol, Outeiro de Rei e Begonte.

"Nós somos rural, nós como galegas, nós como anpas, nós como persoas, todas somos rural neste País, porque este é un país rural por riba de calquera outra definición. Pero agora mesmo as presións económicas e interesadas de quen queren converter a nosa cultura nun obxecto de museo, e a nosa forma de vida nunha atracción turística, están facendo que ese rural que nos representa e nos explica estea cada vez máis lonxe das posibilidades reais de supervivencia", explican dende a organización.

Engaden que "o rural galego precisa dun plan de seu que deteña a súa desaparición, e que entregue un futuro posíbel ás que hoxe o habitan, e a todas aquelas que queiran habitalo nun futuro. E iso faise con investimentos, con atrevemento, con gañas, e con interese; sen palabras ocas e sen declaracións de fume como as que temos de a cada pouco".

plan rural anpas rabade
0.154953956604