As asociacións de Cospeito organizan unha viaxe a Ribadavia e Ourense

As asociacións culturais de San Pedro de Seixas, Vilapene e San Martiño de Pino organizan unha excursión a Ribadavia e Ourense o domingo 21 de decembro. A saída está programada para as 7:30 horas desde os puntos habituais e a actividade inclúe transporte en autobús, almorzo, visitas guiadas e xantar.
O itinerario contempla un percorrido polo casco histórico de Ribadavia, o seu castelo e o Museo Etnolóxico, ademais do Museo Xudío. Xa en Ourense, as persoas participantes poderán coñecer o casco histórico, as Burgas e a Catedral. O prezo da viaxe é de 46 euros para socios e 56 euros para non socios.
As inscricións poden realizarse ata hoxe, 12 de decembro, ante calquera membro das directivas organizadoras e a praza quedará reservada unha vez efectuado o pagamento. As entidades promotoras destacan que se trata dunha oportunidade para compartir unha xornada cultural e de convivencia descubrindo dous dos principais enclaves patrimoniais de Galicia.