As aulas da biblioteca de Vilalba amplían unha hora o seu horario

TerraChaXa
O horario será de 8:00 a 21:00 horas con carácter ininterrompido
biblioteca-vilalba
10 Out 2024

As aulas de estudo da Biblioteca Municipal amplían o seu horario nunha hora. Desta forma, o horario de apertura das mesmas será de 8:00 a 21:00 horas con carácter ininterrompido.

O que se persegue con esta medida é "dar resposta á solicitude dos usuarios e proporcionarlles un espazo de estudo adaptado ás súas necesidades", sinalou a concelleira de Educación, Paula Vigo, responsable do cambio.

0.17130994796753