As auxiliares de Alcoa apoian o acordo do comité coa empresa

TerraChaXa | AMariñaXa
A plataforma coordinadora das empresas auxiliares de Alcoa San Cibrao en xuntanza extraordinaria analizou o preacordo do comité de Alcoa coa dirección da multinacional.
Maite Ferreiro con Encarna Lago e os traballadores do Museo Fortaleza de San Paio de Narla
20 Xan 2021

A plataforma coordinadora das empresas auxiliares de Alcoa San Cibrao en xuntanza extraordinaria analizou o preacordo do comité de Alcoa coa dirección da multinacional.

"Vemos o acordo como moi positivo, un desbloqueo da situación de folga sempre é beneficioso xa que o que todos estamos desexando é ter, por fin, un final feliz a esta loita que nos leva sometidos a unha gran carga a toda a Mariña lucense durante xa máis de 9 meses", explican no mesmo.

Indican que débese traballar para que a fábrica sexa vendida "e para iso é necesario desbloquear a situación actual e que a planta sexa vendida co 100% dos postos de traballo e o 100% da producción".

Tamén ven positivo que no momento que Alcoa toque postos de traballo tanto de Alcoa como das auxiliares rematará a paz social.

Aclaran que as empresas auxiliares non participarán no referendum dos compañeiros de Alcoa, por un problema de vinculación legal na mesma. O poder ser impugnada dita votación si participan traballadores que non teñen relación contractual con Alcoa.

"Queremos recordar que a folga das auxiliares segue convocada e en activo, folga que será debatida o seu futuro nunha próxima asamblea de delegados/as de empresas auxiliares", conclúen.

Por último, a plataforma destacou o seu apoio "ao compañeiro despedido de Dominium e a toda a plantilla".

0.097452163696289