As auxiliares de Endesa volven saír á rúa como protesta polos traslados

TerraChaXa
Os traballadores das auxiliares de Endesa As Pontes botáronse á rúa un día máis e cortaron o tráfico na ponte de acceso á central térmica.
endesa as pontes
26 Xuño 2021

Os traballadores das auxiliares de Endesa As Pontes botáronse á rúa un día máis e cortaron o tráfico na ponte de acceso á central térmica como nova medida de protesta. A acción sorpresa foi unha represalia á comunicación do traslado forzoso de operarios de Maessa.

Segundo indican os sindicatos, estes tralado afecta a 30 dos 47 traballadores da empresa auxiliar de Endesa. Os operarios reclaman unha transición enerxética xusta que manteña o compromiso de emprego e futuro para a comarca.

A próxima semana, o 30 de xuño, finalizarán as garantías de emprego nas auxiliares e prevense despedimentos e tamén de traslados de traballadores. Desde os sindicatos cargan contra a "pasividade e a falta de políticas industriais das administracións central e autonómica".

0.21580505371094