As bases do Plan Deputación 2025 irán a Pleno este mes cun orzamento de 22 millóns de euros

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Por quinto ano consecutivo, o Executivo provincial sacará adiante o plan de investimentos no exercicio anterior ao seu período de vixencia
equipo-de-goberno-tome-deputacion
17 Dec 2024

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou este martes que ao Pleno ordinario deste mes de decembro, que se celebrará o venres 27, levará para o seu debate e aprobación as bases do Plan Deputación de Lugo de Cooperación cos Concellos 2025. Un programa de investimentos que, subliñou o Presidente, o Goberno sobe ata os 22 millóns de euros, e grazas ao que as 67 entidades locais da provincia poderán desenvolver actuacións en materia de infraestruturas, creación de emprego, Servizo de Axuda no Fogar, actividades, eventos ou administración electrónica.

O programa supón, polo tanto, “transferirlles aos concellos máis do 20% dos Orzamentos provinciais, seguindo criterios públicos e obxectivos, e cun respecto total á autonomía municipal”, asegura José Tomé. O Plan Deputación 2025 mantén así a súa esencia, facendo o reparto tendo en conta a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento, segundo os datos oficiais do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Así mesmo, o mandatario provincial detalla que esta medida “forma parte do noso compromiso de máxima cooperación cos concellos. Cada ano incorporamos melloras, sempre pensadas para facilitarlles a planificación e a xestión dos investimentos, e para que estes fondos sirvan da mellor maneira posible para atender as necesidades dos seus veciños e veciñas”, subliña.

Plan Deputación 2025

Por quinto ano consecutivo, o Executivo provincial sacará adiante o plan no exercicio anterior ao seu período de vixencia, o que permite ás entidades locais planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo, de forma que poden aproveitar mellor os fondos. Por exemplo, as obras públicas poderanse executar na primavera-verán, o período do ano máis axeitado para traballar en exteriores dadas as características climáticas da provincia.

Así mesmo, as bases do Plan Deputación publicaranse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o día 7 de xaneiro, pasadas as datas de Nadal, o que tamén permite aos concellos ter máis tempo para elaborar as memorias e proxectos das obras que queiran presentar con cargo a estes investimentos. Terán un mes, ata o 7 de febreiro, para presentar a documentación.

distribucion-de-orzamneto-por-concellos
0.16282296180725