As benxaminas do Clube Ximnasia Viveiro quedaron campionas provinciais na categoría de promoción

TerraChaXa | AMariñaXa
20 Maio 2019

O conxunto benxamín do Clube Ximnasia Viveiro vén de quedar campión provincial na categoría de promoción. Na imaxe que ilustra esta noticia figura o conxunto ao completo subido ao primeiro caixón do podio. O equipo está conformado, de esquerda a dereita, por Ruth Palmeiro, Icía Lage, Ángela Martínez, Martina Collazo, Adriana Pérez e Icía Mariño; todas elas con idades comprendidas entre os oito e os nove anos.
O campionato de Ximnasia Rítmica correspondente á provincia de Lugo celebrouse en dúas fases, unha primeira organizada en Foz e unha segunda en Monforte de Lemos.
As ximnastas de Viveiro xa lograron a medalla de ouro na primeira das fases, que tivo lugar o día 1 de maio. Así e todo, este sábado volveron ratificar o primeiro posto en Monforte, quedando de novo por diante do conxunto monfortino do Club Quicela e da Asociación Deportiva Aixa de Sarria.
O vindeiro domingo 16 de xuño as campioas provinciais do Clube Ximnasia Viveiro volverán ao tapiz, pero desta volta será no campionato galego de promoción que se celebrará na cidade de Ourense.

0.15185213088989