As burelistas gañan o ascenso directo a preferente
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
28 Maio 2020
O ADC Burela Pescados Rubén acaba de gañar o dereito de ascenso directo a Preferente Feminina, co mellor cociente clasificatorio do seu grupo en Primeira Galicia. Así se deu a coñecer esta mesma mañá coa resolución a efectos clasificatorios das competicións organizadas pola Real Federación Galega de Fútbol correspondentes a 2019-20.
Coa clasificación final marcada a 14 de marzo e a falta de 4 xornadas, as pupilas de Míchel Couceiro obteñen a mellor puntuación da fase regular polo cociente, posto que dispoñen dun partido menos disputado ca o primeiro clasificado, Lieders Futsal, con 39 puntos, tan só 1 máis ca as laranxas. O Lieders accede ao ascenso como o mellor segundo de grupos.