As Campeiras celebra unha chocolatada de benvida do ano este venres

A Asociación de Veciños As Campeiras invita á veciñanza e ás persoas socias a participar na tradicional Chocolatada de Benvido 2026, un encontro festivo co que se dará a benvida ao novo ano nun ambiente de convivencia e celebración comunitaria.
O evento celebrarase o vindeiro venres 2 de xaneiro, a partir das 18.00 horas, e contará con chocolate quente acompañado de churros, así como con música e baile, nunha proposta pensada para todas as idades e para reforzar os lazos sociais entre os asistentes.
Desde a organización lembran que é necesario anotarse previamente para participar. As inscricións poderán realizarse na tenda de Elicio ata o día 31 de decembro. A asociación anima a toda a veciñanza a sumarse a esta cita, concibida como un espazo de encontro, celebración e benvida colectiva ao ano 2026.