As Campeiras, nas Pontes, estará de magosto o próximo sábado

TerraChaXa
A asociación ten previsto tamén un curso de pandeireta e baile os venres dirixido a nenos e adultos.
magosto-as-campeiras
3 Nov 2025

A asociación As Campeiras celebrará o seu Magosto 2025 o 8 de novembro ás 19:00 horas, nunha xornada festiva marcada pola gastronomía tradicional e a música. O evento convida a veciños e visitantes a gozar dunha tarde de convivencia, na que non faltarán as castañas asadas, os pinchos, o viño e a sobremesa.

Baixo o lema “Só hai que traer ganas, o resto poñémolo nós”, a organización busca recuperar o espírito popular do magosto, unha das tradicións máis arraigadas do outono galego. Ademais da degustación de produtos típicos, a festa incluirá un baile amenizado por Ana Cristina, que promete animar a velada con ritmo e alegría.

A participación será gratuíta para os socios, mentres que os non socios poderán asistir cunha achega de 12 euros. As inscricións permanecerán abertas ata o 4 de novembro na tenda de Elicio.

Desde a asociación subliñan que o Magosto das Campeiras é unha cita pensada para todas as idades, na que se combina tradición, gastronomía e música nun ambiente acolledor e festivo.

PANDEIRETA E BAILE

A asociación ten previsto tamén un curso de pandeireta e baile os venres dirixido a nenos e adultos.

Estará a cargo de Antía Caaveiro e os que desexen inscribirse poden facelo nos teléfonos 636 131 917 e 649 476 114

⚙ Configurar cookies
0.069159984588623