As Campeiras organiza unha comida de Entroido o sábado 7

A asociación veciñal As Campeiras prepara unha gran celebración de Entroido para o sábado 7 de marzo. A xornada comezará ás 14.30 horas cun cocido tradicional para compartir entre veciños e amigos.
Pola tarde, a partir das cinco, terá lugar o Baile de Entroido, que estará amenizado por Aixa Romay, garantindo música e diversión para todos os asistentes.
Os prezos para participar no evento son de 20 euros para as persoas asociadas e 30 euros para non asociadas. Desde a organización animan a todos a acudir disfrazados.
A venda de tíckets é na Tenda de Elicio e farase antes do 1 de marzo con preferencia para os socios.