As Campeiras organiza unha festa de Entroido este sábado
TerraChaXa
Pola tarde, a partir das cinco, terá lugar o Baile de Entroido, que estará amenizado polo dúo Caramelo e o DJ Martín

21 Feb 2025
As Campeiras prepara unha gran celebración de Entroido para este sábado, 22 de febreiro. A xornada comezará ás dúas da tarde cun cocido tradicional para compartir entre veciños e amigos. Pola tarde, a partir das cinco, terá lugar o Baile de Entroido, que estará amenizado polo dúo Caramelo e o DJ Martín, garantindo música e diversión para todos os asistentes.
Os prezos para participar no evento son de 20 euros para as persoas asociadas e 30 euros para non asociadas. Desde a organización animan a todos a acudir disfrazados.