As Campeiras organiza unha festa de Entroido o día 22 de febreiro

TerraChaXa
Pola tarde, a partir das cinco, terá lugar o Baile de Entroido, que estará amenizado polo dúo Caramelo e o DJ Martín
entroido-as-campeiras
11 Feb 2025

As Campeiras prepara unha gran celebración de Entroido para o sábado 22 de febreiro de 2025. A xornada comezará ás dúas da tarde cun cocido tradicional para compartir entre veciños e amigos. Pola tarde, a partir das cinco, terá lugar o Baile de Entroido, que estará amenizado polo dúo Caramelo e o DJ Martín, garantindo música e diversión para todos os asistentes.

Os prezos para participar no evento son de 20 euros para as persoas asociadas e 30 euros para non asociadas. Desde a organización animan a todos a acudir disfrazados.

0.157546043396