O día 1 de maio comezarán en Vilalba as proxeccións das candidatas dos Mestre Mateo
Un ciclo de proxeccións audiovisuais levará os filmes finalistas ao Premio Mestre Mateo a Foz, Vilalba e Chantada. As tres localidades acollerán nas vindeiras semanas os pases de Ons, de Alfonso Zarauza; A illa das mentiras, de Paula Cons; Arima, de Jaione Camborda, e Lúa Vermella, de Lois Patiño, candidatas ao galardón na categoría de Mellor Longametraxe.
Esta iniciativa levouse a cabo entre a Deputación provincial, a Academia Galega do Audiovisual, o Iescha, e Airoá Comunicación, que xestionarán as proxeccións en Vilalba e Chantada, respectivamente.
O ciclo de proxeccións terá lugar os sábados de maio, ás 19.30 horas, no auditorio de Vilalba.
- 1 de maio – Ons
- 15 de maio - A illa das mentiras
- 22 de maio – Arima
- 29 de maio - Lúa Vermella
A entrada será gratuíta pero con reserva previa, para cumprir coas limitacións de capacidade e garantías sanitarias.