As cantigas de Alfonso X serán interpretadas na basílica de San Martiño de Foz

TerraChaXa | AMariñaXa
3 Abr 2019

Alumnado, profesorado e outros traballadores do IES de Foz interpretarán cantigas de Alfonso X na basílica de San Martiño este xoves, día 4, a partir das 20:00 horas. Este acto, organizado por iniciativa dos departamentos de Lingua Galega e Música do centro educativo focense, é aberto ao público con entrada gratuíta.
Actuará un grupo instrumental, formado por alumnos de 4º da ESO e de 3º de PMAR, e unha agrupación vocal formada por alumnos de 1º de Dirección de Cociña, profesores e outros traballadores do centro.
Para esta actividade o IES de Foz conta coa colaboración do Concello focense e da Parroquia de San Martiño.

0.18321490287781