As comisión de Ribadeume e Bermui organizan unha paellada este sábado

As comisións de festas de Bermui e Ribadeume, en colaboración co Café-Bar-Cervexería Calvo, organizan este sábado, 12 de abril, unha sesión vermú en Cipresa de Alende.
A festa comezará ás 13:00 horas coa sesión vermú e continuará ás 14:30 horas coa degustación dunha deliciosa paella preparada por Yari. O prezo do ticket da paella será de 10 euros, que ademais incluirá a participación no primeiro sorteo do día.
Ao longo da tarde haberá dous sorteos, ofrecendo así a oportunidade de levarse algún agasallo extra. As rifas para o segundo sorteo terán un prezo de 1 euros, e todos os tíckets estarán dispoñibles no Bar Calvo.
A música estará presente durante toda a xornada para ambientar a celebración, e os organizadores aseguran que haberá carpa e barra no exterior para garantir o confort de todas as persoas asistentes, independentemente das condicións meteorolóxicas.