As comisións de festas de Outeiro de Rei poden solicitar unha actuación das agrupacións musicais

LugoXa | TerraChaXa
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 24 de abril
concerto-begonte-sons-e-sonos-musica-crisanto
30 Mar 2026

O Concello de Outeiro de Rei, a través da Escola de Música Asociación Músico Crisanto de Outeiro de Rei, Rábade, Begonte e Friol pon á disposición das parroquias, asociacións e comisións de festas deste municipio que o soliciten, catro actuacións anuais de carácter gratuíto; as actuacións poderanse programar en horario comprendido entre as 11.00 e as 21.00 horas e terán unha duración aproximada de 45 minutos.

Pódense solicitar as agrupacións da Coral e do Grupo Tradicional.

Como o número de actuacións é limitado (catro por ano) terán preferencia as parroquias ás que non se lles fose concedida con anterioridade e aquelas actuacións que sexan para festas patronais, con respecto a outras de carácter veciñal.

O prazo de presentación de solicitudes, que comeza hoxe, estará aberto ata o 24 de abril, debendo presentarse no rexistro municipal o modelo de solicitude cuberto que está a disposición do público nas oficinas municipais e na páxina web do Concello www.outeiroderei.gal.

0.12547302246094