As escolas deportivas da Terra Chá celebran a súa festa de clausura o 19 e 20 de maio

TerraChaXa
O Concello de Vilalba organiza por tercer ano consecutivo a Festa de Clausura do Deporte Escolar e das Escolas Deportivas de Vilalba en colaboración coa Asociación Deportiva Terra Chá e o Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia.
escolasdeportivas
9 Maio 2018

O Concello de Vilalba organiza por tercer ano consecutivo a Festa de Clausura do Deporte Escolar e das Escolas Deportivas de Vilalba en colaboración coa Asociación Deportiva Terra Chá e o Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia. Esta xornada será os días 19 e 20 de maio na área recreativa da Madalena.

Nesta xornada lúdica, deportiva e de convivencia agárdase unha participación duns 500 nenos e nenas comprendidos entre as categorías prebenxamín e infantil das seguintes escolas deportivas de Vilalba: baloncesto, fútbol, fútbol sala, xudo, loita olímpica, tenis, tenis de mesa, triatlón, ximnasia rítmica e iniciación deportiva; tamén do CEIP Antonio Insua Bermúdez, club Jansu e club Moo Duk Kwan de Vilalba, así como dos seguintes Concellos da Terra Chá: Abadín, Begonte, Castro, Cospeito, Guitiriz, Meira, Mondoñedo, Outeiro de Rei, Pastoriza e Xermade.

32116517_2118171391735520_6406604498407522304_o
0.18866991996765