As Escolas Deportivas de Guitiriz realizarán unha viaxe fin de curso a Burela

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz realizará na última fin de semana de xullo unha excursión de fin de tempada a Burela para os xogadores de fútbol sala pero que está aberta tamén ao resto de deportistas de entre 8 e 18 anos.
30 Abr 2018

Esta excursión terá lugar entre o 27 de xuño e o 1 de xullo e nela xuntaranse os equipos do Concello das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil que participarán no tradicional torneo de fútbol sala. Para os que non asistan á competición haberá actividades alternativas.

A intención da organización é elaborar un programa de actividades de ocio que inclúan visitas a diferentes lugares da Mariña, estadías na praia e actividades deportivas.

O prazo de inscrición para participar nesta viaxe remata o 15 de maio e ten un custe de 220 euros por persoa todo incluído (gastos de torneo e partidos, pensión completa, autobús e seguro, monitores, tempo de ocio talonario de rifas para axudas cos gastos).

0.14957904815674