As festas chegan esta semana a Reigosa e Baltar, na Pastoriza
As localidades de Baltar e Reigosa, na Pastoriza celebran as súas festas estes días.
Abre Reigosa a quenda na honra a Santiago comezando as celebracións o mércores 24. Primeiro haberá misa ás 13.30 horas con procesión e despois será a vez de Alabama Show que se encargará da sesión vermú e da verbena, na que tamén estarán Los Wakas, por primeira vez na Terra Chá co seu Brital Espectáculo.
Completarán a música pola noite Juan Manuel Punzano co seu tributo a Manolo Escobar.
O xoves será a vez de Principal, que tamén fará dobrete e pola noite destaca a actuación do televisivo Jesús Manuel.
O venres 26 o trío Merengue será o encargado de poñer fin ás festas na sesión vermú.
Ademais, os tres días haberá misa ás 13.30 horas.
O día que rematan as festas en Reigosa comezan en Baltar, que abrirá as celebracións na honra a San Pedro Félix cunha churrascada popular e verbena con Cosme DJ.
O sábado contarán coas actuacións de Galaxia e Grupo Lecer pola noite e dos primeiros tamén en sesión vermú despois da misa, prevista ás 13.30. Ao mediodía mediodía Minnie Mousse visitará tamén Baltar para bailar cos máis pequenos.
O domingo só haberá música ao mediodía, co dúo Reflejos, e despois da misa, que repite horario.
Ademais, o domingo 4 haberá un xantar veciñal que contará con animación musical.