As festas continúan en Vilalba cunha nova edición da andaina e o torneo de tenis
O Concello de Vilalba celebra mañá a Andaina de San Ramón e Santa María 2022, unha actividade tradicional incluida na programación das festas patronais.
A proba, de aproximadamente 3,25 quilómetros, discurrirá polas principais rúas da vila, con saída desde a praza da Constitución ás 20:30 horas.
O prazo das inscricións xa está cerrado polo que os participantes poderán recoller os dorsais o propio día da proba, a partir das 19:00 horas na praza da Constitución.
Haberá unha categoría única na que non existe límite de idade, podendo participar dende nenos e nenas recen nados no seu carro e a súa familia, ata os máis maiores.
Tamén poden participar nesta andaina os donos coa súa mascota, sempre e cando a mascota leve o material idóneo para a seguridade dos participantes e do evento en si.
Esta proba forma parte do do programa das Festas de San Ramón e Santa María de Vilalba 2022, que se celebrarán desde o 19 agosto ata o 4 de setembro con numerosas actividades de ocio e lecer para todas as idades.
TORNEO DE TENIS
Outro encontro deportivo tradicional destas datas é o Torneo de San Ramón de Tenis Memorial Juan José Pereira Vázquez, que se xogará do 23 ao 31 de agosto na que é a súa terceira edición no complexo deportivo da Madalena.
Haberá varias categorías, absoluta masculina, cun cadro único de 32 xogadores, con consolación os perdedores da 1ª ronda, infantil, alevín masculino e feminino, absoluta feminina, + 35, +45 e +55 masculino, +35 feminino, dobres absoluto e dobres mixto.
Repartiranse 600 euros en premios en metalico na categoría absoluta masculina, sérnior masculina e feminina. O campión recibirá un trofeo de Sargadelos valorado en 120 euros e o subcampión outro. Nas categorías de base tamén haberá dobre trofeo para campión e subcampión.