Arrancan as Festas das Pontes coas Noite do Carme

TerraChaXa
Arrancarán os actos o luns 15 coas Noites do Carme pero haberá actividades desde o 11
festas-da-fraga-as-pontes
Festa da Fraga e programa
7 Xul 2024

A Pontes espera a chegada das súas festas patronais na honra á Virxe do Carme con ansia e con programa xa completo que ofrece actividades e actuacións para todos os gustos e para todas as idades.

O programa arranca oficialmente o luns 15 de xullo pero días antes haberá outras citas culturais. Por terceiro ano consecutivo, o Concello fíxose cargo dos festexos, nos que se integran máis dunha trintena de propostas.
Aproveitarase a semana anterior para levar a cabo unha serie de actos previos, como a exposición de fotografías do colectivo pontés ARTPO e do Grupo Poético Alalá, Unha foto un poema.

Ademais, o venres 12 de xullo, ás 19.30, terá lugar un certame de bandas no Auditorio Municipal Cine Alovi e, previamente, as bandas participantes percorreran as rúas, desde o concello, coa súa música. Participarán a Banda Ateneo de Negreira e a Banda Cultural e Recreativa das Pontes.

INICIO DE SEMANA

Do luns 15 ao xoves 18 na praza da América, a partir das 21.00 horas, darase comezo ás festas coas Noites do Carme, unha iniciativa do Concello para poñer en valor a música tradicional e local. Serán a agrupación Coral Endesa e Canteiras EM Pandeireta as que inauguren este acto. Ao seguinte día será a quenda de Amigos do Acordeón Rías Baixas e do grupo de acordeóns da EM das Pontes.

Rondalla Vila das pontes e ClariSaxBand actuarán o mércores e xoves, respectivamente.
O venres 19 de xullo, ás 20:30 horas, darán comezo, de xeito oficial, a semana grande coa lectura do pregón, na praza do Concello, que este ano estará a cargo da Coral; e, a continuación, a veciñanza e público asistente poderán gozar cunha actuación musical do grupo Arriverderci.

A partir das 22:00 horas, no Canal IV, Coque Malla ofrecerá un concerto na rúa 8 de Marzo presentando o seu último traballo. Ao remate da súa actuación, na Praza do Carme, será a quenda para a verbena, da man da orquestra Marbella, que compartirá escenario co grupo La Misión.

SÁBADO 20

O sábado, ás actividades comezarán ás 12:00 horas, co pasarrúas dos grupos de música tradicional Canavella e Os Trevillas, e á mesma hora, na praza da América haberá un concerto da Banda de Música das Pontes que dará paso, a partir das 13:30 horas, á sesión vermú amenizada polo grupo Pasión, na praza do Carme.

A media tarde, a iniciativa da biblioteca Parque Activo, estará a cargo da compañía de animación Moc Moc coas súas AparvaOlimpiadas.

A parte relixiosa da festa coa última novena e misa en honra á Virxe do Carme dará comezo as 20:30 horas na capela do Carme, e a continuación, sobre ás 21:30 horas, a veciñanza poderá participar na tradicional procesión nocturna á igrexa de Santa María, co acompañamento da Banda de Música das Pontes e da Banda de Gaitas da Escola Municipal da localidade. Coincidindo co descanso da procesión, na praza do Hospital actuará a Agrupación Coral As Pontes e haberá un espectáculo piro-musical na honra á Virxe do Carme.

Xa pola noite, a partir das 23:00 horas, regresará a verbena á praza do Carme coa actuación das orquestras Olympus e Players e, ao igual que en anos anteriores, ao finalizar a verbena procederase á elaboración da alfombra floral.

DOMINGO 21

O domingo, 21 de xullo, os actos festivos comezarán ás 12:00 horas, co pasarrúas a cargo do grupo Canavella. A esa mesma hora terá lugar a celebración da Eucaristía, na igrexa parroquial de Santa María, cantada pola Agrupación Coral As Pontes, e a continuación comezará a procesión de subida da Virxe do Carme, co acompañamento da Banda de Música Cultural e Recreativa das Pontes e do grupo de música tradicional Canavella para, seguidamente, realizar a ofrenda floral.

A partir das 14:00 horas, a praza do Carme acollerá unha sesión vermú a cargo do grupo Antha e, xa pola noite, a partir das 22:00 horas, será a quenda para as orquestras Satélites e Capitol.

Entre as actividades musicais, ás 18.30, Parque Activo estará na praza de América cun concerto de Brais das Hortas, Conssertaso na Horta.

LUNS 22 E MARTES 23

A semana comezará ás 11.30 co pasarrúas dos grupos Os Trevillas e No Cómbaro para, seguidamente, celebrar a misa de Santa María Magdalena e procesión na Capela do Carme. Ás 14.00, a sesión vermú terá lugar na praza do Carme e estará ao cargo o grupo Jaque.

Ao comezo de tarde, será a quenda da Festa da escuma, con inchables e xogos para os máis pequenos e, ás 18.00 horas, volverán os pasacalles, pero serán os grupos folclóricos do Festival Internacional os que percorran as rúas do Concello para, posteriormente, agruparse no Pavillón Polideportivo Municipal e celebrar o Festival Internacional de Folclore.

Xa para rematar a sesión, estarán París de Noia e Origen animando a verbena da noite.

O martes, será a última actividade do Parque Ativo na que estará o espectáculo The Legend, polo Gran Dimitri.

Ás 22.00 horas terá lugar un dos actos novidosos da programación, a primeira Jam Session con músicos das Pontes que se fai nas Festas. Servirá para quentar motores antes da esperada Festas da Fraga.

FESTA DA FRAGA

As actividades programadas para a Festa da Fraga comezarán o día 24 de xullo, ás 12:00 horas cun pasarrúas a cargo do grupo tradicional No Cómbaro e, a partir das 19:30 horas botará a andar o Festival que, este ano, contará con música variada e alternativa para dar outro aire a esta cita musical. Destacan as actuacións de Xurxo Fernandes, Monoulious Dop, La Regadera e We are not Dj’s.

O xoves 25 de xullo, a Romaría da Fraga comezará as 12:00 horas coa misa de Santiago Apóstolo, na Capela do Carme e ás 13:30 horas trasladarase a veciñanza á Fraga para dar comezo a sesión vermú, de remate das festas, amenizada por Louband que compartirá escenario co Dj Álex Romero. Con esta celebración daranse por concluída esta nova edición.

MISAS

As celebracións litúrxicas non faltarán coa novena entre os días 12 e 20 con horario de 7.30 e 19.30 horas. O 20, día de finalización da novena, o horario muda ás 20.00 horas. A continuación, ás 21:30 haberá misa solemne e procesión de baixada da Virxe do Carme á igrexa parroquial.

O 21 de xullo, solemne misa patronal ás 12:00 tamén na igrexa parroquial. A continuación, procesión de subida da Virxe á capela e ofrenda floral. O 22 a misa será ás 12.00 horas na honra a Santa María Magdalena na capela para rematar o día 25 de xullo co oficio ás 12.00 horas na capela na honra a Santiago.

programa-as-pontes-1
0.16828298568726