As festas de Area-Faro no Vicedo serán o 13 ao 15 de setembro
As festas de Nosa Señora do Amor Fermoso de Area, en Faro, no Vicedo, comezarán o 13 de setembro coa actuación dos grupos Os do 21, o Dúo Zafiro e Grilo. A partir das 21.30 tódolos asistentes poderán participar dunha degustación de xamón cocido.
O sábado 14 de setembro iniciaráse cun pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Airiños de Orbazai e unha sesión vermú coa orquestra Escaparate que volverá a actuar na verbena xunto ao grupo Alma Latina.
O domingo 15 de setembro rematarán as festas cunha misa solemne ás 13 horas cantada pola coro parroquial de Bravos, de Ourol e unha sesión vermú co grupo Alma Latina.
O Concello do Vicedo, a Deputación, os veciños de Area, os restaurantes Nito e Louzao, así como o disco bar Flora, entre outros, colaboran coa cita organizada por Espectáculos Rego.