Cabreiros celebra a fin de semana as súas patronais
TerraChaXa
As localidade xermadesa de Cabreiros estará de festa esta fin de semana na honra a Santa Cristina con París de Noia para abrir a verbena.
5 Xul 2023
As localidade xermadesa de Cabreiros estará de festa esta fin de semana, as celebracións patronais na honra a Santa Mariña.
Estas xa arrancarán o venres 7 coa primeira verbena, que estará ao cargo de París de Noia e Marcos Magan, de Verbena FM..
O sábado haberá misa solemne ás 13.30 horas seguida da tradicional procesión e a sesión vermú coa orquestra Los Españoles, que se ocupará pola noite da verbena xunto á New York.
O día 9, a sesión musical estará ao cargo da orquestra Fuego que se ocupará da sesión vermú despois das 13.30 horas, hora da misa, e volverá actuar pola noite coa verbena que porá o punto final ás festas.