As festas de Cabreiros contarán esta fin de semana cunha Feira de Artesanía

TerraChaXa
As localidade xermadesa de Cabreiros estará de festa esta fin de semana facendo coincidir cunha Feira de Artesanía.
FESTAS E FEIRA CABREIROS
5 Xul 2022

As localidade xermadesa de Cabreiros estará de festa esta fin de semana facendo coincidir na mesma data as celebracións patronais cunha Feira de Artesanía e de Produtos Alimenticios de de Proximidade.

A primeira edición desta festa foi xusto antes da pandemia e, coa recuperación da normalidade, esperan ter continuidade este ano, no que se presentarán arredor de 25 postos, dez máis que o ano pasado.

A feira abrirá as súas portas de 10.30 a 20.00 horas tanto sábado como domingo e combinarase coa programación das festas na honra a Santa Mariña. Estas xa arrancarán o venres 8 co primeira verbena, que estará ao cargo de Los Satélites.

O sábado haberá misa solemne ás 13.00 horas seguida da tradicional procesión e a sesión vermú coa orquestra Cocktail, que se ocupará pola noite da verbena xunto á Panorama.

O día 10, a sesión musical estará ao cargo da orquestra Tokio que se ocupará da sesión vermú despois das 13.00 horas e volverá actuar pola noite coa verbena que porá o punto final ás festas.

0.096637010574341