As festas de San Ramón e Santa María de Vilalba 2017 xa teñen raíñas e damas de honra
O acto de presentación dos poemarios gañadores da pasada edición do Certame Literario de Vilalba servía tamén este luns 21 de agosto para nomear ás raíñas e damas de honra das festas de San Ramón e Santa María 2017.
Así, Uxía Villares González exercerá de raíña das festas xunto a Lucía Vázquez Lozano como raíña infantil.
Pero nos seus desfiles estarán acompañadas por Ana Haiyang Ferreiro Guerra, pola AC de Andrade; Zaida Currás Fernández, por Movemento A.C. Andrade; Nuria Carballeira Seoane, polo Conservatorio de Música de Vilalba; Ainhoa Prado Cibreiro; pola Asociación Entre Lusco e Fusco; Claudia Carreira Seijas, polo Racing Club Villalbés e Ariana Núñez Seoane, dama de honra polo Vilalba Fútbol Sala, que por primeirra vez conta coa súa dama polas festas patronais.
Intérprete de signos
Actuará como intérprete de signos (ASCHAXOR) Giovanna Pérez.