As Festas de Santa Eulalia en Santalla de Rioaveso celebraranse a fin de semana

TerraChaXa
O domingo 26 repetirase o programa relixioso coa misa e procesión ás 13:30 horas, e a sesión vermú correrá a cargo do dúo Belinda
festas-santalla-rioaveso
24 Oct 2025

A parroquia de Santalla de Rioaveso, no concello de Cospeito, prepárase para vivir un fin de semana cheo de tradición, música e diversión coas Festas na honra a Santa Eulalia, que terán lugar esta fin de semana.

O sábado 25 celebrarase a misa ás 13:30 horas, seguida da tradicional procesión e da sesión vermú amenizada polo grupo Alaska, que tamén ofrecerá unha gran verbena pola noite xunto co grupo Claxxon.

O domingo 26 repetirase o programa relixioso coa misa e procesión ás 13:30 horas, e a sesión vermú correrá a cargo do dúo Belinda. As actividades desenvolveranse nun campo cuberto con carpa para garantir o bo ambiente sen importar as condicións meteorolóxicas.

⚙ Configurar cookies
0.072490930557251