As festas do Carme nas Pontes recuperan o bo tempo logo da procesión

TerraChaXa
A sesión vermú do domingo consolidouse como un dos momentos máis esperados do Carme
festas-do-carme-as-pontes-procesion-alfombra
21 Jul 2025

O bo tempo acompañou, por fin, este domingo nas Festas do Carme, permitindo que centos de persoas se congregasen na Praza do Carme para gozar da animada sesión vermú a cargo do grupo Máster, unha vez rematada a procesión de subida da Virxe do Carme desde a Igrexa Parroquial á capela do Carme

Tras un inicio das festas marcados pola chuvia, a veciñanza e visitantes aproveitaron a tregua meteorolóxica para saír á rúa e participar desta cita festiva, que se prolongou ata as 18:00 horas cun ambiente cheo de música, baile e moi bo humor.

Desde o Concello das Pontes valórase moi positivamente a resposta da cidadanía, que demostra, unha vez máis, o compromiso coa tradición e o espírito participativo que caracterizan estas festas tan sinaladas.

O Concello quere facer tamén un chamamento ao civismo e á responsabilidade individual e colectiva, para que todas as persoas poidan desfrutar dunhas festas seguras, pacíficas e respectuosas.

“É fundamental coidar dos espazos comúns, colaborar coas forzas de seguridade e respectar o traballo de quen fan posible cada acto, desde os servizos de limpeza ata o persoal de obras, protección civil, a policía local e o persoal do departamento de cultura”.

A sesión vermú do domingo consolidouse como un dos momentos máis esperados do Carme, e nesta edición o grupo Máster puxo o broche perfecto a unha fin de semana intensa, chea de emocións e encontros, malia a climatoloxía adversa dos días anteriores

O Concello agradece a colaboración de todas as persoas que están a facer posible desenvolvemento das Festas do Carme, e anima á cidadanía a seguir participando nas actividades previstas para os vindeiros días.

⚙ Configurar cookies
0.21419882774353