As festas en Nete volverán esta última fin de semana de setembro

Esta fin de semana, 27 e 28 de setembro, a localidade vilalbesa de Nete celebra as súas festas na honra a San Cosme e á Virxe da O.
O sábado, ás 13.30 horas, haberá misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Acordes, que tamén será a encargada de amenizar a verbena da noite, xunto con París de Noia.
O domingo, ás 13.00 horas actuará Mestura de Nete seguida tamén da misa solemne. Tamén está prevista unha sesión vermú para rematar as festas amenizada pola orquestra Alianza.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.