As festas de San Xoán en Covas comezarán o sábado 22 de xuño

TerraChaXa | AMariñaXa
21 Jun 2019

As festas na honra de San Xoán comezarán o sábado 22 de xuño, na parroquia de Covas, de Viveiro ás 14:00 horas coa celebración da sesión vermú coa orquesta Arizona e a discoteca móbil Chocolate.
O domingo 23, ás 14:00 horas terá lugar a sesión vermú coa orquesta Saudade, formación que tamén animará a partir das 22:30 horas a verbena xunto á orquesta Tango. A partir das 00:00 horas terá lugar o prendido da lumeirada de San Xoán.
Xa o luns 24 ás 11:00 horas haberá pasacalles animado pola Banda de Gaitas Cacharela. Ás 13:00 horas se oficiará a misa solemne seguida de procesión. A continuación, veciños e visitantes poderán deleitarse coa sesión vermú a cargo da orquesta Costa Dourada. Pola noite a verbena estará amenizada pola orquesta Costa Dorada e o grupo Cañón.
Na xornada do martes 25, o grupo Non Cho Digo amenizará o pasarúas a partir das 11:00 horas. Ás 14:00 horas a orquesta Solara poñerá a nota musical á sesión vermú.
A partir das 20:00 horas terá lugar unha gran sardiñada animada polos grupos de gaitas Non Cho Digo e Cacharela. Chegada a noite dará comezo a verbena onde a orquesta Solara poñerá a nota musical.
O último día da festa, o mércores 26, desde as 17:00 horas celebrarase o Día do Neno con atraccións a prezos populares.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16687917709351