As festas serán esta semana en Reigosa, na Pastoriza
TerraChaXa
Primeiro haberá misa ás 13.30 horas con procesión e despois será a vez do dúo Sonidos

Carteis
24 Jul 2025
A localidade de Reigosa, na Pastoriza celebra as súas festas estes días na honra a Santiago comezando as celebracións o venres 25.
Primeiro haberá misa ás 13.30 horas con procesión e despois será a vez do dúo Sonidos que se encargará da sesión vermú e da verbena, na que tamén estarán La Ola ADN.
O sábado 26 será a vez do grupo Venecia, que tamén fará dobrete e pola noite destaca a actuación dúo Élite.