As filloas de Casa Pichín gañan o VI Concurso de Tapas Concello de Begonte

TerraChaXa
As filloas recheas acompañadas de xamón crocante da Casa Pichín gañaban o VI Concurso de Tapas de Begonte con 877 puntos por diante do "mini volcán" do Restaurante Paz y Ana que lograba 814 puntos.
14 Nov 2017

As filloas recheas acompañadas de xamón crocante da Casa Pichín gañaban o VI Concurso de Tapas de Begonte con 877 puntos por diante do "mini volcán" do Restaurante Paz y Ana que lograba 814 puntos. A proposta do Km 101 quedaba na terceira posición con 804 puntos tras iniciar a súa andadura gastronómica este mesmo ano. Cae do podio Casa Varela gañadora das cinco pasadas edicións.

O resultado dábase a coñecer o pasado luns 6 de novembro de 2017 trala apertura na Casa da Cultura das urnas cos trípticos selados polas persoas que degustaron as 13 tapas do certame e que as puntuaran do 1 ao 5. Este ano foron un total de 210 os trípticos válidos que puntuaron a tódolos establecementos.

Cada establecemento premiaba o acto de depositar o tríptico na súa urna sacándose un tríptico de cada unha para depositalo nunha común de onde se extraía o tríptico da persoa gañadora dun fin de semana para dúas persoas no Hotel de Natureza Santa Ana.

0.16621708869934